4. “NOITE”

Música: Anabel L. Villar. Texto: Eduardo Blanco-Amor.
Arranxo para orquestra: Anabel L. Villar


Abellas mouras da noite
zugan mel na frol da lua.
Abellas meus labios son
pr'as froles da carne túa.--

Mazaira de prata a noite
esfollatando luceiros.
Colleitan maduros bicos
nosos labios seitureiros.

Arden no xardín da noite
roseiras brancas d'estrelas.
Arden na tua boca rosas
i-eu quero queimarme n'elas

Na ría moura da noite
Anclada a barca da lua.
I-o meu amor navegante
anclado na carne túa.





1. Mar de Vigo
2. Grixoa
3. Liñares
4. Noite
5. Maurus
6. Rumbas de Monzo e Vergara
7. A pequerrecha
8. Carmiña no Berbés

INICIO | GL | SP | UK
PRESENTACIÓN | ÁLBUMES | CONCERTOS | ESCOITAR | NOVAS | PRENSA | CONTACTO | INF. PROFESIONÁIS
Fotografías e deseño de logotipo: Cristina Brea Lodeiro
Edición Web: Desarrollos Lugonet, S.L.
Subvencionado pola Presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística