7. “RUADA DE REBORDELO”

A Pequerrecha (Os Campaneiros).
Ruada de Rebordelo (Tradicional).
Muiñeira de Piornedo (Hermenexildo Fernández).
Arranxo para orquestra: Xaquín Xesteira


(A pequerrecha)

Xa me dixo teu pai
que te chame a bailar
e no medio do baile
que che deixe quedar
que che deixe quedar
que che deixe quedar
pero como non sei
non che podo chamar.

Pasei pola túa porta
non che vin palla na eira
pro vincho rabo da burra
colgado da gramalleira
colgado da gramalleira

ai la le lo ai la la lo






A perdiz anda no monte
herba seca non a come
o abrazo dunha nena
tres días mantén a un home
tres días mantén a un home

ai la le lo ai la la lo

Ten unha filla moi guapa
o tio Xan da Riola
esta noite ei dir aló
a darlle moito a parola
a darlle moito a parola

ai la le lo ai la la lo





1. Mar de Vigo
2. Grixoa
3. Liñares
4. Noite
5. Maurus
6. Rumbas de Monzo e Vergara
7. A pequerrecha
8. Carmiña no Berbés

INICIO | GL | SP | UK
PRESENTACIÓN | ÁLBUMES | CONCERTOS | ESCOITAR | NOVAS | PRENSA | CONTACTO | INF. PROFESIONÁIS
Fotografías e deseño de logotipo: Cristina Brea Lodeiro
Edición Web: Desarrollos Lugonet, S.L.
Subvencionado pola Presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística