Álbumes
Trastempo significa a consolidación discográfica da primeira orquestra de música folk de España. Sondeseu publicaba no ano 2003 o seu primeiro CD, "Mar de Vigo" e acadaba recoñecementos nacionais e internacionais como o da prestixiosa revista Folk Roots ou o premio do diario "La Opinión". Agora, cunha produción artística mimada ó detalle, e con toda a implicación posible dos responsables de cada unha das seccións, Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz, Francisco J. Feijoo "Chisco", Alfonso Franco e Rodrigo Romaní, nomes todos eles ben coñecidos dos afeccionados, ''Trastempo'' ve a luz cunha saída inicial de 3.500 discos vendidos e sen dúbida está chamado a ser un dos traballos máis referenciados do ano musical.

Trastempo é un traballo composto por pezas interpretadas pola orquestra no seu conxunto, pero hai un espazo no que cada sección convírtese en protagonista, o que define unha variedade tímbrica que xa no primeiro momento chama a atención e a sensibilidade do oínte. Xunto con temas tradicionais e arranxos contemporáneos. Sondeseu exhibe tamen a pericia na composición e nos arranxos dos seus compoñentes que aportan dúas pezas orixinais concebidas especialmente para a formación. Todo elo tentando conservar o delicado e difícil equilibrio que se establece no diálogo coa tradición oral dende a sociedade moderna, e preservar o son acústico característico de Sondeseu. As referencias á música tradicional de gran formato están continuamente presentes e a Foliada de Nostián, coa colaboración do Orfeón Treixadura, constitúe un exemplo da emoción que pode chegar a provocar no oínte toda a potencia de 46 músicos entregados á recreación do imaxinario colectivo dende a ollada do século XXI.

Trastempo vai acompañado dun DVD no que se pode contemplar a forza, a extraordinaria enerxía que desprenden os concertos da orquestra ao vivo e que amosan a capacidade de esta xove formación para conectar co público na complicidade que só a música feita con cariño, con honestidade e con conciencia de estar a traballar sobre un patrimonio común, pode transmitir.

Trastempo foi gravado entre xullo 2006 e Marzo 2007 en Casa de Tolos (Gondomar). O son é unha asignatura que unha formación tan complexa debe estudar con moito coidado. O resultado final é froito do esforzo e da experiencia dos músicos arriba citados xunto con Segundo Grandío e Pablo Casal. Todos eles puxeron a máxima ilusión para conseguir que Sondeseu sexa un dos alicerces nos que a música popular galega se basea para continuar gozando do prestixio nacional e internacional que merecidamente acadou nas ultimas décadas.





1. Alén
2. A camposa
3. Valse de Arousa
4. Foliada de Nostián
5. De Mostad a Millares
6. Costureiriña
7. Nun cacho dun anac
8. Namoreir@
9. O paraíso
10. Nena morena
11. Ramanalama
12. O cantar que nunca acaba

INICIO | GL | SP | UK
PRESENTACIÓN | ÁLBUMES | CONCERTOS | ESCOITAR | NOVAS | PRENSA | CONTACTO | INF. PROFESIONÁIS
Fotografías e deseño de logotipo: Cristina Brea Lodeiro
Edición Web: Desarrollos Lugonet, S.L.
Subvencionado pola Presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística