10. NENA MORENA

XULIO ABAL
arranxos percusión: Sandra L. Villar


Vai bailar nena morena
Baila coa gracia da vida
Que o baile te leve
Onde haxa alegría

Vai cantar nena morena
Canta coa voz da fortuna
Que nena que non canta
Non gaña pra tristuras.

Baila como se quixeras
Voar cos pés onde a lúa
Deixa as pernas ceibes
E leva a alma núa

Canta como se puideras
Romper cantando a tristura
Non deixes que te calen
Non cales anque sufras

Catro ventos ten o mundo
Cinco mares hai na terra
Non deixes que ningún
Che diga o que non deba

Sete estrelas ten o ceo
Nove co sol maila lúa
Dez contigo, morena
Bailas como ningunha





1. Alén
2. A camposa
3. Valse de Arousa
4. Foliada de Nostián
5. De Mostad a Millares
6. Costureiriña
7. Nun cacho dun anac
8. Namoreir@
9. O paraíso
10. Nena morena
11. Ramanalama
12. O cantar que nunca acaba

INICIO | GL | SP | UK
PRESENTACIÓN | ÁLBUMES | CONCERTOS | ESCOITAR | NOVAS | PRENSA | CONTACTO | INF. PROFESIONÁIS
Fotografías e deseño de logotipo: Cristina Brea Lodeiro
Edición Web: Desarrollos Lugonet, S.L.
Subvencionado pola Presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística