|
12.O CANTAR QUE NUNCA ACABA
TRADICIONAL / RODRIGO ROMANÍ
Solistas: Josefa Fernández e Alba Barreiro (harpa), Begoña Riobó (Violín), Marilú Campos (pandeireta)
Deprendéronma a cantare
As meniñas do trabazo
Deprendéronma a cantare
Indo polo monte abaixo
Xa non ten ferreñas
Ferreñas non ten
Xa non ten ferreñas
E máis toca ben
Catro cousas hai no mundo
Que fan perde-lo sentido
Amar e non ser amado
Querer e non ser querido
|
O que me axude a cantare
Heille de dar chiculate
E o que non me axudare
Veneno para que o mate
Quen me queira oir cantare
Tenme que pagar primeiro
Que esta miña gargantiña
Non a fixo un carpinteiro
O cantar do galeguiño
É un cantar que nunca acaba
Empeza por trailalilo
Acaba por trailalala
Anque veño por aquí
Non veño por facer mal
Veño para divertirme
Coa xente do meu igual
|