|
8. NAMOREIR@
ANA BELÉN L. VILLAR / LETRA TRADICIONAL
Nin me miran nin me falan
E afogo entre suspiriños
De que me sirve ser guapa
Se non mo din os mociños
Funme deitar a durmir'e
Ó son da auga que corre
E a auga foime dicindo
Quen ten amores non dorme
Quen non os ten adormece
Na ialma se me cravou
A raíz do teu querer'e
Mentras no mundo estiver'e
Outro amor non hei de ter'e
Adeus ti nunca mo digas
Que é unha palabra triste
Que entre dous que ben se queren
Custa caro despedirse
|
|
|