|
9. O PARAÍSO
Arranxos Javier Feijoó (Chisco)
Melodías tradicionais aprendidas da Señora Consuelo Vázquez, coñecida como Consuelo dos Queixos
Solista: Teresa Santamaría
CANTO DE ARRIEIRO
A vida do arrieiro
Elle unha vida penada
nin oe misa no domingo
nin sono durme na cama
nin sono durme na cama
outra vez máis aralala
MANEO
Encumeza encumeza
nadie a quere encumezar'e
o que cumeza se acaba
eu non me quero acabar'e
Agora que a puxeches
coa barriga redonda
ou te has de casar con ela
ou lle has de volve-la honra
|
MUIÑEIRA
Eu non canto por cantar’e
nin por devoción que eu teña
canto por alubiar’e
corazón de tanta pena
Esta xa vai polo todo
Esta xa vai polo todo
acabouse a palla branca
agora vai o resollo
|