11/09/2007 SonDeSeu vén de ser incluída na Play List

11/09/2007 A Orquestra folk SonDeSeu ven de ser incluida na Play List do mes de Xaneiro-Febreiro pola prestixiosa revista europea Folk Roots, entre os dez mellores discos europeos.

O mesmo disco, primeiro da formación, vén de ser premiado como segundo mellor disco do ano polo diario La Opinión da Coruña.

A Orquestra representará a Galicia na celebración dos actos da capital europea da Cultura na cidade irlandesa de Cork, durante a St. Patrick´s week..

Vén de ser invitada pola municipalidade de Sines (Portugal) para representar a Galicia nos actos conmemorativos do 30 aniversario da Revolución Portuguesa.

A Orquestra pon en marcha o ciclo de concertos didácticos SonDeSeu_Didáctica_05 nos que chegará a 2000 alumnos de centros de educación secundaria de Vigo. Este ciclo realizaráse cos recursos económicos dos propios músicos ó non se contar con ningún apoio das institucións locais.


INICIO | GL | SP | UK
PRESENTACIÓN | ÁLBUMES | CONCERTOS | ESCOITAR | NOVAS | PRENSA | CONTACTO | INF. PROFESIONÁIS
Fotografías e deseño de logotipo: Cristina Brea Lodeiro
Edición Web: Desarrollos Lugonet, S.L.
Subvencionado pola Presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística